Comezan as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil

O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación e posta en valor dun dos conxuntos arqueolóxicos máis relevantes de Galicia. 

As escavacións permitiron sacar á luz os vestixios dun importante asentamento romano no que destaca unha posible domus de época altoimperial, datada entre os séculos I e II da nosa era. As obras de consolidación da calzada romana permitirán garantir a conservación deste elemento patrimonial e complementar o traballo desenvolvido nos últimos anos no conxunto arqueolóxico.

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, destaca que "o patrimonio histórico é unha das grandes riquezas do noso municipio e temos a responsabilidade de conservalo e poñelo en valor para as xeracións futuras". 

Con esta intervención, o investimento municipal destinado ao patrimonio arqueolóxico de Brandomil supera xa os 100.000 euros, unha cifra que inclúe tanto estas obras de consolidación como o financiamento das diferentes campañas de escavación desenvolvidas no xacemento romano de Pedra do Altar. 

Máis novas