"O Xacemento da vila romana de Brandomil é tan enorme, que acada unhas dimensións incluso sorprendentes"
- A Xunta anuncia novas excavacións.

Non para a antiga Vila romana de Brandomil de darnos sorpresas, que segue dando pasos, a modiño, de convertirse nun dos xacementos romanos máis importantes de Galicia e o noroeste de España.
Esta semana o director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, e xefe de arqueoloxía, Roberto Pena, visitaron a área da man do arqueóloco Lino Gorgoso, para anunciar as novas intervencións arqueolóxicas que vai sufragar a Xunta, por valor de 18.000€.
O plan continúa adiante, despois de varias accións non invasivas. “Nos últimos tempos, ademais de facer avaliacións con radar e gradiómetro, tamén utilizamos un dron multriespectral que ten un laser que acada certa profundidade e que deu moita información, con resultados tan bos e espectaculares, que Patrimonio quere confirmar que eses datos son reais”, explícanos Gorgoso.
Porque a realidade é que “o Xacemento é tan enorme, que acada unhas dimensións incluso sorprendentes, e dende a Xunta queren verificar que polo menos nas fincas que son da propiedade da Fundación Brandomil, que esas estruturas si están aí”. E “como xa gastaron as mellores e últimas tecnoloxías non invasivas, agora toca realizar a apertura de 3 calas, sondaxes, e posterior tapado, poñendo o foco na paraxe de Agro de Pedra do Altar, e mesmo a un metro de profundidade, para confirmar o que cremos que é unha realidade e para o ano vindeiro planificar algunha cousa de máis potente”, albisca o arqueólogo director da .