A Coral Xan Mella volve das vacacións, cun bo cocido polo Día do Coralista

Despois dunhas merecidas vacacións a Coral Xan Mella de Baio-Zas retomou o seu traballo. E que mellor inicio que xuntarse coralistas, familiares e colaboradores, o pasado domingo, arredor dun bo cocido cociñado por Luís Perez e Carme Corral para celebrar o tradicional Día do Coralista nunha fermosa finca de O Allo cedida xentilmente por Emilio Busto.

Vindeiras actuacións

Agota toca ensaiar para preparar as vindeiras actuacións de aquí a Nadal. As primeiras pechadas son: 

  • 16 novembro en Padrón.
  • 16 de decembro no tradicional Memorial Pepe Valiña en Baio.
  • 21 decembro concerto en Cee.

Novas relacionadas