Venres. 19.04.2024
El tiempo

A familia coral de Baio, de estrea e noraboa

O Coro Xoven de Baio
O Coro Xoven de Baio
A familia coral de Baio, de estrea e noraboa

Fin de semana moi movido para a familia coralesa de Baio. O venres celebrou un novo e exitoso XV Memorial Pepe Valiña en Baio, que este ano tivo carácter internacional. Nunha Igrexa nova ateigada de xente participaron catro agrupacións polifónicas: O Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña de Baio, Coral Estelas do Mar de Mugardos, Orfeao de Loureiro de Oliveira de Azemeis (Portugal) e os anfitriós da Coral Xan Mella.
Neste festival as femias da Coral Xan Mella estrearon novas blusas grazas a unha subvención da Deputación.

A Coral Xan Mella de Baio no Memorial 2019
A Coral Xan Mella estreando no Memorial Pepe Valiña

Ademais, o Coro Xoven da Escola de Música Pepe Valiña de Baio foi seleccionado pola Federación Coral Galega (FECOGA) para representar á provincia de A Coruña no XII Festival de Coros Infantís e Xuvenís que se celebrará en Ribadeo (Lugo) o sábado 1 de xuño organizado polo anfitrión Coro Sagrado Corazón.

É o terceiro ano consecutivo no que a agrupación que dirixe Tatiana Pankrátova é escollida para este festival autonómico no que participarán catro coros, un por provincia. O festival será no Cine Teatro de Ribadeo ás 19:00 horas.

Comentarios