Este domingo comezan as visitas teatralizadas nas Torres do Allo

Este domingo, 4 de xullo, comezan as visitas teatralizadas nas Torres do Allo de man de Os Quinquilláns que nos transmitirán dun xeito moi entretido a historia do pazo máis antigo de Galicia, os costumes e as tradicións labregas e outras preocupacións do seu tempo como a emigración, a ciencia ou a decadencia da fidalguía. Ademáis faranlle unha homenaxe a Enrique Labarta Pose.
 
As visitas teatralizadas serán todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30 horas. ESta é unha actividade gratuíta posta en marcha polo Concello de Zas.