luns. 14.07.2025
El tiempo

Comezan as visitas teatralizadas nas Torres do Allo

  • Última hora: Cancélase a visita teatralizada dos Quinquilláns do domingo 6 de xullo nas Torres do Allo polo que a seguinte actuación será o próximo domingo 13 de xullo ás 19:30
zas-torresdoallo-visitas teatralizadas
Comezan as visitas teatralizadas nas Torres do Allo
Este domingo, 4 de xullo, comezan as visitas teatralizadas nas Torres do Allo de man de Os Quinquilláns que nos transmitirán dun xeito moi entretido a historia do pazo máis antigo de Galicia, os costumes e as tradicións labregas e outras preocupacións do seu tempo como a emigración, a ciencia ou a decadencia da fidalguía. Ademáis faranlle unha homenaxe a Enrique Labarta Pose.
 
As visitas teatralizadas serán todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30 horas. ESta é unha actividade gratuíta posta en marcha polo Concello de Zas.

Comentarios