Dúas festas e varios campamentos e obradoiros para o Entroido en Baio e Zas

 O Concello de Zas celebrará un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que o tradicional concurso de disfraces, que terá lugar o martes 17 de febreiro no Polideportivo de Zas, volverá converterse no acto central das festas. 
O desfile repartirá un total de 2.600 euros en premios, unha das contías máis destacadas da comarca, consolidándose como unha referencia do Entroido na Costa da Morte. 
A xornada comezará ás 17:00 horas cunha programación pensada especialmente para o público infantil, con inchables, maquillaxe e xogos, ademais das actuacións de Duende Circo e DJ Rokiño. O concurso de disfraces dará comezo ás 19:00 horas, convertendo o Polideportivo de

 

Entre a mrea de concursos, o máis singular o Premio Especial ‘Zaschoqueiro’, dotado con 200 euros, que recoñecerá o personaxe máis peculiar, orixinal e estrafalario do desfile. 
As inscricións para participar xa están abertas e poden formalizarse a través dos Centros Socioculturais de Zas (981 751 398) e Baio (981 718 056). 

 

Campamentos de Entroido gratuítos, unha proposta diferencial 

Xunto ao programa festivo, o Concello de Zas volverá poñer en marcha os campamentos de Entroido para a conciliación familiar, que se celebrarán os días 17 e 18 de febreiro, de 10:00 a 13:30 horas, nos Centros Socioculturais de Zas e Baio. Trátase dun servizo totalmente gratuíto, dirixido a facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares. Neste sentido, Manuel Muíño subliñou “o esforzo do Concello por ofrecer actividades gratuítas e de calidade, como os campamentos de Entroido, que facilitan a conciliación familiar e que nos sitúan como un dos poucos concellos que mantén este servizo sen custo para as familias”.

Máis actividades desde a fin de semana

A programación do Entroido complétase cunha ampla e variada oferta de actividades que dará comezo o sábado 14 de febreiro coa Festa de Entroido, que contará con inchables, maquillaxe, xogos e as actuacións de Asacocirco e DJ Rokiño. Ademais, instalarase unha cantina a beneficio do alumnado de 4º da ESO do IES Maximino Romero. A cita terá lugar no Polideportivo de Baio a partir das 17:00 horas. 

O domingo 16 de febreiro celebrarase a segunda xornada do Entroido co obradoiro infantil ‘Vívoras de xoguete’, que comezará ás 16:00 horas nas Torres do Allo e estará organizado polo Concello de Zas coa colaboración da Deputación da Coruña. 
Paralelamente ao obradoiro, as persoas visitantes poderán gozar da exposición temporal ‘Riobóo, a saga do Allo’, das visitas guiadas previstas para as 13:00 e as 17:00 horas, así como do popular xogo de pistas ‘O legado de Francisca’, deseñado especificamente para o público familiar. 

 

Outras citas do Entroido