luns. 26.01.2026
El tiempo

Completo o programa do Entroido da fin da terra

Entroido Fisterra Cartel 2026
Completo o programa do Entroido da fin da terra

Xa se poden consultar as bases do Entroido de Fisterra, o máis tradicional da Costa da Morte. Unha cita que repatirá 6.000€ en premios entre os que solten a retranca máis áceda. 

O Concurso de Comparsas do Entroido de Fisterra será o martes, 17 de febreiro ás 18:00h no pavillón municipal. E hai 4.300€ en premios para os 3 primeiros, e 350€ para todas as participantes. Os presentadores serán Mariola Martínez e Santi Caneta, dous bos mestres desa coplan tan tradicional da fin da terra.

Sábado e domingo, tamén hai festa

Se o martes é o día grande, hai algún cambiio no desfile na xornada sabatina, pois non é obrigatorio participar para todas as comparsas, abrindo así a posibilidade a outros grupos de vilas veciñas. 

O desfile estará acompañado por animación musical cos Rapacollón’s Big Band e coa Charanga Mecánica BCB, rematando na praza co Pregón do Entroido 2026. Durante a mañá, animación das rúas coa  Charanga a Tripulasión de Fisterra e o Rumbo de Sardiñeiro. E xa para rematar o sábado, DISCOTECA MÓBIL CDC, a cargo da SD Fisterra no porto de Fisterra. Todo, baixo a carpa habilitada polo Concello de Fisterra.

O domingo  haberá Concurso de disfraces infantil e adultos na praza da Constitución de Fisterra. Ademais, o domingo 15 ás 8 da tarde, no Mercado Cultural haberá o baile social de Entroido. E o luns, un obradoiro de máscaras pola mañá na Biblioteca Municipal.

Toda a información sobre as bases na web municipal.

CRÓNICAS DO ENTROIDO FISTERRÁN

Outros entroidos

Comentarios