Eliminado un punto de vertido de augas residuais ao río Grande procedente do polígono do Allo

Captura aérea do río de Baio e o polígono do Allo

O Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia detectou, e procedeu á súa eliminación, un punto de vertido de augas residuais ao río Grande, ao seu paso pola parroquia de Allo, en Baio, Zas, procedentes da  evacuación de augas pluviais do polígono industrial do Allo.

Despois de detectalo, realizaron varias melloras nos colectores para solventar a segregación das augas, e confirmaron a través dun novo control analítico a ausencia de contaminación, confirmándose a efectividade das medidas correctoras adoitadas polo Concello