A ESMU Pepe Valiña celebra o seu festival de Fin de Curso
29 de xuño de 2023 (08:39 h.)
Hoxe xoves 29 de xuño ás 19:00 da tarde a Escola de Música Pepe Valiña de Baio celebrará o Festival de Fin de curso no Auditorio de Baio.
Serán case unha treintena de alumnas e alumnos de piano os que tocarán, ás ordes da profesora Tatiana Pankrátova, un diverso programa de música clásica, pop e temas folclóricos.
Para rematar o Coro Xoven da ESMU volverá a actuar despois destes anos parados pola pandemia.
A ESMU Pepe Valiña de Baio agradece a colaboración do Concello de Zas e da Deputación de A Coruña