Martes. 30.04.2024
El tiempo

A ESMU Pepe Valiña celebra o seu festival de Fin de Curso

escola de Musica Pepe Valina 2022
Imaxe do alumnado que tocou no festival de fin de curso do ano pasado
A ESMU Pepe Valiña celebra o seu festival de Fin de Curso

Hoxe xoves 29 de xuño ás 19:00 da tarde a Escola de Música Pepe Valiña de Baio celebrará o Festival de Fin de curso no Auditorio de Baio.

Serán case unha treintena de alumnas e alumnos de piano os que tocarán, ás ordes da profesora Tatiana Pankrátova, un diverso programa de música clásica, pop e  temas folclóricos.

Para rematar o Coro Xoven da ESMU volverá a actuar despois destes anos parados pola pandemia.

A ESMU Pepe Valiña de Baio agradece a colaboración do Concello de Zas e da Deputación de A Coruña

escola de Musica Pepe Valina 2023

Comentarios