Evacuado un edificio de Baio esta madrugada por un incendio no garaxe

Un edificio da rúa Bispo Romeu Lema en Baio foi evacuado por un incendio nun garaxe que afectou a catro coches, dous queimados e outros dous con danos por calor e cascotes desprendidos. O suceso acontecía ás 5:20h da madrugada.

A rápida actuación dos Bombeiros impediu que o lume se propagase a unha decena de vehículos que tamén estaban estacionados no lugar. Os veciños, que foron evacuados durante a intervención, resultaron ilesos e xa puideron retornar aos seus domicilios.

O 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Santa Comba e de Cee, os axentes da Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Zas.

Tendo en conta que o edificio estivo ventilado por completo, os veciños puideron retornar ás súas vivendas. Os Bombeiros de Santa Comba encargáronse das tarefas de refrixeración.