Evacuado en helicóptero tras sufrir unha saída de vía en Zas

Unha saída de vía en Zas a pasada tarde do domingo, saldábase cun home ferido. A vítima tivo que ser evacuada nun helicóptero ata un centro hospitalario. O accidente produciuse na estrada que une a localidade coa Piolla, á altura de Budián, na parroquia de Gándara. Os efectivos sanitarios deron conta do sinistro ao 112 Galicia ás 17:30 horas desta tarde. Segundo indicaron, o varón permanecía inconsciente, polo que decidiron mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou do acontecido aos Bombeiros de Santa Comba, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Accidentes 2017

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Bombeiros de Cee e Carballo.