Evacuado en helicóptero tras sufrir unha saída de vía en Zas
04:50 23/01/17
Unha saída de vía en Zas a pasada tarde do domingo, saldábase cun home ferido. A vítima tivo que ser evacuada nun helicóptero ata un centro hospitalario. O accidente produciuse na estrada que une a localidade coa Piolla, á altura de Budián, na parroquia de Gándara.
Os efectivos sanitarios deron conta do sinistro ao 112 Galicia ás 17:30 horas desta tarde. Segundo indicaron, o varón permanecía inconsciente, polo que decidiron mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago.
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou do acontecido aos Bombeiros de Santa Comba, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.
Accidentes 2017
- 10-01-16: Noite de accidentes.
- 08-01-16: 3 accidentes empañaron a ponte de Reis.
- 05-01-17: Un coche volca na Autovía á altura de Coristanco.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Bombeiros de Cee e Carballo.