Fin de semana de protagonismo veciñal en Zas

Foron os protagonistas os veciños esta fin de semana no Concello de Zas.. I é que ademais de facer a segunda etapa do Camiño, houbo varias clausuras das actividades municipais, e xa arrincaron as actividades do mes das Letras con varias actuacións.

Os Peregrinos de Zas

Nova etapa a que fixeron os peregrinos zaenses. Durante o sábado medio centenar de veciños arrincaron ata San Roman da Retorta para facer a 2ª etapa percorrer a pé os 23,6km que o separan de Vilamor de Abaixo (Toques), un xeito fantástico de vivir a maxia do Camiño.
Xa están desexando que chegue o día 24 para facer a seguinte etapa.

Clausura de actividades

O venres foi día de clausuras. O Centro Sociocultural acolleu as despedidas dos cursos de guitarra, bailes de salón e de ximnasia terapéutica, que ademais o celebraron cunha excursión.

Mes das letras

E a obra "TVKK”, do alumnado do IES Maximino Romero Lema de Baio, abriu o pasado sábado o programa do Mes das Letras, cunha actuación en loor de multitudes.

Novas relacionadas

Terminar o Camiño no Mar, con José A. De la Riera

Fonte