Martes. 19.11.2019
El tiempo

Os zaenses xa son peregrinos por partida triple

Os zaenses xa son peregrinos por partida triple

Peregrinos e de primeira. I é que case un centenar de veciños de Zas completaron, por 3º ano consecutivo, o Camiño de Santiago por etapas. Xa van coñecendo todas variantes os zaenses, e este ano tocou descubrir os tesouros do Camiño Portugués.

Este pasado sábado 19 de maio percorrían a última etapada da ruta Tui-Santiago. A chegada a Compostela foi moi especial ademais. Pasaron a facerlle unha visita ás Marías da Alameda, para rematar nas faldas da catedral, disfutando deste cheiro a pedra mollada que desprende a impresionante Praza do Obradoiro.

Un grupo máis que coñece o segredo do Camiño, esa auténtica mina de ouro que fai que milleiros de persoas cheguen ata a nosa fin do mundo ano tras ano, ese tesouro que habemos coidar e promocionar.

Novas relacionadas

Comentarios