InicioSOCIEDADEFina Paulos, segunda mellor mestra de Secundaria nos Premios estatais Educa

Fina Paulos, segunda mellor mestra de Secundaria nos Premios estatais Educa

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O sábado 15 de marzo celebrouse na Coruña a gala de entrega dos VIII Premios Educa Abanca. Mellor docente de España 2025. Alí estivo Fina Paulos (natural de Santa Marta Babío (Bergondo), profesora do Departamento de Informática do IES Maximino Romero de Lema, acadando nada menos que o segundo premio na categoría de Educación Secundaria e Bacharelato.

Da súa longa traxectoria profesional destacamos nos últimos anos o seu intenso traballo con proxectos innovadores que teñen a intelixencia artificial como ferramenta para a inclusión, a aprendizaxe e a motivación. Entre as súas actividades, cómpre destacar o fomento do uso responsable da Intelixencia Artificial no ensino, conseguindo numerosos premios en certames escolares, mesmo creando un libro sobre o uso cotián da IA e dando charlas pola Costa da Morte.

A carta de agradecemento de Fina Paulos foi así:

“Recibir este recoñecemento é unha honra inmensa para min. Non só polo que representa a nivel persoal, senón porque pon en valor algo no que creo profundamente: a educación pública, rural e galega.
En primeiro lugar, quero agradecer a EDUCA pola organización deste evento, clave para poñer en valor a figura dos docentes, algo francamente necesario nos tempos que corren.

Desde o IES Maximino Romero de Lema de Baio, levamos anos demostrando que o lugar onde se aprende non debería marcar os límites do que se pode conseguir. A educación no rural é sinónimo de proximidade, de comunidade e de oportunidades para o alumnado. O noso IES é un centro pequeno, onde todos nos coñecemos, aprendemos cada día que a calidade do ensino non
depende do tamaño, orzamento nin a localización, senón do compromiso e a ilusión que poñemos en cada proxecto e a nosa paixón pola profesión docente.
Este galardón é tamén un recoñecemento ao traballo do noso alumnado, porque foron eles os que iniciaron este camiño ao nomearme. Non hai maior satisfacción para un docente que saber que os seus alumnos valoran o esforzo, senten que aprenden e perciben que constrúen o seu futuro en cada sesión na aula.
Nos últimos anos, traballei intensamente en proxectos innovadores que teñen á intelixencia artificial como ferramenta para a inclusión, a aprendizaxe e a motivación. Comparto a convicción de que a educación ten que ir máis alá das aulas e conectarse coa sociedade real. A educación pode e debe cambiar o mundo e isto ten que labrarse cada día nos nosos centros educativos.
Gustaríame compartir este recoñecemento con todos os meus compañeiros do IES de Baio, especialmente, con Óscar Manuel Rey Calo (co que traballei e sego traballando en multitude de proxectos), co meu alumnado, coas súas familias e con todas as persoas que cren, coma min, que a educación é a clave para cambiar as vidas das persoas.

Por último, se mo permiten, gustaríame agradecer dun xeito moi especial, o apoio da miña familia en particular, ás miñas fillas Sofía e Irene por todo o tempo que lles roubei adicándoo á miña profesión, á miña gran paixón, a educación. Sen eles, nada disto sería posible.
Sigamos traballando para que o ensino público, rural e galego siga sendo un referente de calidade, inclusión e innovación.
Grazas infinitas por este recoñecemento.

Máis novas

ÚLTIMAS

Cando limpar praias é un verdadeiro exercicio de inclusión

Emocionante xornada a vivida esta mañá na praia de Riazor. A Asociación Mar de...

Aprobado o convenio de financiamento entre Xunta e Concello para licitar o centro de saúde e centro cívico de Santa Lucía

Pasiño a pasiño avanza a eterna rehabilitación do centro de saúde e o centro...

Concello e CRMH piden á Xunta multas de “maior contía”aos Franco se non abren Casa Cornide

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, demandou á Xunta multas de "maior contía" se os...

A Xunta propón recuperar e expoñer os murais de Urbano Lugrís na rúa Olmos

Representantes da Xunta e do Concello da Coruña participaron nun encontro para concretar o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here