sábado. 15.02.2025
El tiempo

Novo premio estatal para o IES Maximino Romero de Lema

Leticia Vázquez do IES de Baio  recibindo o premio estatal
Leticia Vázquez recibiu o premio na sede do Ministerio de Educación, en representación da aula de 3º ESO do centro baiés
Novo premio estatal para o IES Maximino Romero de Lema

Non para o IES de Baio, que volve recibir un premio a nivel estatal, desta volta no concurso "Unha Constitución para todos".

O alumnado de 3º da ESO do centro baiés foi distinguido co premio na modalidade C, formato vídeo, do Concurso convocado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
Este galardón recoñece o traballo presentado na materia de Educación Dixital, coordinado polos profesores Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo, do Departamento de Informática.

O proxecto galardoado consistiu na creación dun vídeo creado mediante traballo colaborativo con metodoloxía por proxectos, no que figuras clave da historia de España dan voz a artigos da Constitución, establecendo unha conexión entre os seus logros e os valores constitucionais que nos inflúen a todos. A iniciativa destacou pola súa creatividade e pola implicación activa de todo o grupo da materia de Educación Dixital de 3º da ESO.

A alumna Leticia Vázquez Castiñeira, en representación da clase, recibiu o galardón acompañada polo seu profesor de Educación Dixital, Óscar Manuel Rey Calo. Ademais do acto de entrega, o grupo realizou unha visita ao Congreso dos Deputados, onde todos os gañadores puideron coñecer en detalle o lugar onde se aprobou a Constitución de 1978, enriquecendo así a súa experiencia formativa sobre a Carta Magna.

Premio estatal para o IES de Baio
Óscar Rey Calo, segundo pola esquerda, e Leticia Vázquez (segunda pola dereita) cos responsables do Ministerio

"Este recoñecemento supón un gran orgullo para o IES Maximino Romero de Lema, que consolida así o seu compromiso coa innovación educativa e o traballo colaborativo, destacando o valor da escola rural galega para a educación pública", recoñecen dende o centro, que valoran a cada un dos alumn@s participantes no premiado traballo: 

  • Camafreita Miñones, Nuria
  • Davydzionak Davydzionak, Artsiom
  • Lema Caamaño, Sabela
  • Martínez Martínez, Alfonso
  • Martínez Martínez, Manuel
  • Mira Méndez, Sara
  • Rellán Castro, Joel
  • Suárez Pastoriza, Olalla
  • Vázquez Castiñeira, Leticia
  • Vázquez Vilela, Ángela

Máis novas

Comentarios