venres. 07.02.2025
El tiempo

A veciñanza de Brens coñeceu como impacta xa a Intelixencia Artificial nas nosas vidas con Fina Paulos e Óscar Rey

María Fernández Santiago con Fina Paulos e Oscar Rey Calo en Brens
María Fernández Santiago con Fina Paulos e Oscar Rey Calo en Brens
A veciñanza de Brens coñeceu como impacta xa a Intelixencia Artificial nas nosas vidas con Fina Paulos e Óscar Rey

Gran expectación este sábado en Brens ante a conferencia sobre Intelixencia Artificial de Fina Paulos e Óscar Rey. A Casa de Cultura de Brens enchíase de veciñanza interesada nas aplicacións máis directas e reais da IA, e demostra o potencial da activa asociación SDC Brens.

Os premiados e pioneiros mestres do IES Maximino Romero de Lema, foron presentados pola mestra responsable do Cole de Brens, e socia da Asociación, María Fernández Santiago. O público escoitou atentamente como, ambos docentes, explicaron dun xeito ameno e asequible como a IA está e pode axudar a facer máis doadas as nosas vidas. A través de múltiples exemplos prácticos e variados presentaron unha serie de aplicacións de IA que abarcaron desde como elaborar un menú semanal ata como reparar fotos antiguas en mal estado.  

Expectacion na Casa da Cultura de Brens

Os docentes animaron ao público a participar formulando preguntas e dúbidas, favorecendo así o debate sobre as ventaxas e desventaxas da IA. Unha das súas máximas é que "as ferramentas non son nin boas nin malas pers se, senón que somos as persoas as que as facemos boas ou malas", polo que eles insisten en que hai que aproveitar o máximo as potencialidades que nos proporciona a IA. 

Trala charla a SDC Brens sorteou, entre os asistentes ao acto, varios exemplares do libro "Intelixencia Artificial para a sociedade", libro editado pola Editorial Medulia, que é o primeiro libro en galego sobre esta temática, e que, a modo de manual pretende axudar ao público en xeral a introducirse no mundo das aplicacións sobre IA. 

Despois deste exitoso acto, A SDC Brens xa está preparando un novo acto para o vindeiro mes de Febreiro , e que irán anunciando proximamente nas súas redes sociais.

Oscar Rey Calo e Fina Paulos en Brens

Máis novas

Comentarios