#nenunhamenos: A comunidade educativa alza a voz contra a violencia machista
Manifesto do IES de Baio
O número de mortes por violencia machista aumenta cada día. Mulleres que morren polo simple feito de ser mulleres, en mans de homes. Homes que pensan que as mulleres son obxectos que poden usar cando eles queiran, que poden tratalas como eles queiran e que as poden matar cando e como eles queiran. Porque eles son homes, e ellas só son mulleres. Homes que controlan, que violan, que desprezan e que matan a mulleres, cada día. Porque eles son homes, e as que morren son sempre mulleres. Entón non pasa nada. E a xustiza vólvese machista. E os corpos de seguridade e políticos miran para outro lado e teñen outras prioridades. Porque non son os homes os que volven ás súas casas cheos de medo por se alguén os pode matar de camiño. No son os homes os que aceleran o paso para chegar antes a casa. Non son os que teñen que avisar de que chegaran e de que están a salvo. Non. A eles isto non lles pasa. Porque non homes. Estes últimos días producíronse dous casos de asasinatos machistas. De homes que mataron a mulleres, por ser mulleres. Mulleres que xa non poden berrar. Pero que non perderon a súa voz. Porque hoxe, e todos os días, somos a súa voz. A voz das que xa non poden berrar. Porque eu de camiño a casa quero ser libre e non valente.
Artigos relacionados
https://quepasanacosta.gal/25n-isto-tamen-vai-contigo/
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/as-buseranas-pechan-un-historico-2018-na-loita-feminista-na-costa-da-morte/ https://quepasanacosta.gal/25n-concellos-e-escolares-demostran-a-maior-implicacion-da-costa-da-morte-na-loita-contra-as-violencias/