Xoves. 28.03.2024
El tiempo

#nenunhamenos: A comunidade educativa alza a voz contra a violencia machista

#nenunhamenos: A comunidade educativa alza a voz contra a violencia machista

Concentracion no IES de Baio contra a violencia machista Concentracion no IES de Baio contra a violencia machista Emitova concentración a que se levou no IES Maximino Romero de Lema de Baio, como en moitos outros centros da comarca e de todo o estado, esta negra mañá de martes 18 de decembro de 2018. A nova que saltaba ao longo da tarde do pasado luns do suposto asasinato da mestra de 26 anos Laura Huelmo, mobilizaba á comunidade educativa de todo o estado. Concretamente, dende o centro baiés propuxeron este parón, con minuto de silencio e lectura de manifesto, un acto que se secundou en moitos puntos da xeografía española. O grupo de Igualdade do centro leu este manifesto en contra da violencia machista: [fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/500847817353598/?t=2" width="800" height="500" onlyvideo="1"] Cartaz baseado nunha obra de Laura Helmo Cartaz creado para a concentracion de hoxe baseado nunha obra de Laura Luelmo Houbo ademais unha sesión de regueifa en igualdade dos grupo Feminino Plural, que soaron tal que así: Nesta nova sociedade hai persoas feministas pero sobre todo temos mulleres super artistas Son libre de pensamento eu son unha gran muller non lle teño medo aos homes non me van facer morrer regueifeiras feminino plural do IES de Baio Regueifeiras do IEs de Baio Mentres as redes están invadidas dos cencelos #TodassomosLaura ou #nenunhamenos para seguir demostrando que a sociedade está convendida de acabar con esta enfermidade, e que este 2018 é definitivamente un ano histórico nesta batalla.

Manifesto do IES de Baio

O número de mortes por violencia machista aumenta cada día. Mulleres que morren polo simple feito de ser mulleres, en mans de homes. Homes que pensan que as mulleres son obxectos que poden usar cando eles queiran, que poden tratalas como eles queiran e que as poden matar cando e como eles queiran. Porque eles son homes, e ellas só son mulleres. Homes que controlan, que violan, que desprezan e que matan a mulleres, cada día. Porque eles son homes, e as que morren son sempre mulleres. Entón non pasa nada. E a xustiza vólvese machista. E os corpos de seguridade e políticos miran para outro lado e teñen outras prioridades. Porque non son os homes os que volven ás súas casas cheos de medo por se alguén os pode matar de camiño. No son os homes os que aceleran o paso para chegar antes a casa. Non son os que teñen que avisar de que chegaran e de que están a salvo. Non. A eles isto non lles pasa. Porque non homes. Estes últimos días producíronse dous casos de asasinatos machistas. De homes que mataron a mulleres, por ser mulleres. Mulleres que xa non poden berrar. Pero que non perderon a súa voz. Porque hoxe, e todos os días, somos a súa voz. A voz das que xa non poden berrar. Porque eu de camiño a casa quero ser libre e non valente.

Artigos relacionados

https://quepasanacosta.gal/25n-isto-tamen-vai-contigo/

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-buseranas-pechan-un-historico-2018-na-loita-feminista-na-costa-da-morte/ https://quepasanacosta.gal/25n-concellos-e-escolares-demostran-a-maior-implicacion-da-costa-da-morte-na-loita-contra-as-violencias/

Comentarios