A nova praza de Baio xa é oficiamente Praza Jorge Mira Pérez

“Serei baiés toda a miña vida. A moita honra e sempre coa bandeira.” Así foron as palabras coas que Jorge Mira Pérez rematou o discurso que pronunciou esta pasada mañá de sábado 18 de xuño na nova praza de Baio con motivo do acto de descubrimento da praca que lle dá nome ao lugar e que a partir de agora pasa a chamarse “Praza Jorge Mira Pérez”.

Primeiro aprobabase por unanimidade no pleno extraordinario celebrado as 12:00h, despois de telo previsto xa dende quen xaneiro se estreaba o novo espazo. Faltaba o nome, e resulta que a persoa indicada para poñerlle nome "esta viva", sinalou Lolo Muíño, lembrando que é pouco habitual que se lle adiquen prazas ou rúas a persoas vivas.

Unha vez rematado o trámite oficial, a Corporación Municipal e o propio Jorge Mira Pérez desprazáronse ata nova praza situada no centro de Baio. Tras un breve vídeo no que se visionou a transformación da zona nos últimos anos, chegaron os discursos, nos que non faltaron os halagos ao currículo e compromiso do ilustre baiés.

“Pensamos en Jorge por ser un veciño do noso municipio que ademáis de descatacar polos súas cualidades académicas destaca polo seu compromiso social. Presume da súa vila e do seu Concello nos múltiples actos que participa e sempre está disposto a colaborar”, sinalou Muíño durante o acto.

E logo xa foi a quenda de Jorge Mira. “Tiven moita sorte na miña vida investigadora e académica onde acadei moitos premios. Pero ningún comparable con isto. É alucinante”, sentenciou.
Durante o seu discurso, Jorge comparou a nova praza de Baio cunha ágora grega; un espazo común no que a xente se reúne e desexou que todos os veciños e veciñas a desfrutaran con saúde. Unha vez rematados os discursos procediuse ao descubrimento da praca que lle dá nome á praza acompañado dun caloroso aplauso de todos e todas os/as asistentes. Foron máis de 100 persoas, entre veciños, amigos... os que non quixeron perder o momento.