Os alumn@s de Baio continúan aprendendo #AosonDelas
10 de marzo de 2018 (06:44 h.)
Unha cuña pola folga feminista
O alumnado do IES baiés fixo esta interesante cuña radiofónica para explicar os sobrados motivos da folga feminista do 8 de marzo, que sairá ademais no recuperado programa O Ronsel das radios irmandades da Costa da Morte.“Feminino Plural”
O obxectivo fundamental que intentamos acadar con este Proxecto Educativo é conseguir formar persoas libres, con sentido crítico e de participación social. A enerxía transformadora do proxecto “Feminino Plural” sitúase no traballo en valores e, fundamentalmente, nunha intervención planificada a respeito da igualdade de xénero da que deriva un proceso espontáneo, difusor de valores que contaxian e se retroalimenta do movimento social e está a modificar o noso sistema cultural, desde abaixo e con protagonismo das novas xeracións. “Feminino Plural” non é simplemente unha sucesión de actividades continuadas. É un proxecto planificado con bases metodolóxicas nas dinámicas dos movimentos sociais, especialmente do feminismo, da pedagoxía social, da psicoloxía social, da xestión cultural ou da animación sociocultural. Así que este proceso comeza nas aulas e é aí onde (coa implicación importantísima das familias, alumnado e profesorado) comeza a crecer a vontade de crear dende o feminismo unha nova forma de ser, facer e pensar. Queda aínda outro encontro para o vindeiro mes con Alba María e Lupe Branco refueifándolle á emigración.Novas relacionadas
- Elas que convirten a tradición en modernidade.
- A Costa da Morte, epicentro do relevo xeracional da regueifa, esa inmensa arma de construción masiva”.
- Baio móvese “ao son delas”.
- Guadi Galego abre o ciclo de encontros con mulleres relevantes que pon en marcha o alumnado do IES de Baio
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).