venres. 02.05.2025
El tiempo

Os alumn@s de Baio continúan aprendendo #AosonDelas

Os alumn@s de Baio continúan aprendendo #AosonDelas
Continúa o IES Maximino Romero de Lema de Baio enchendo o centro de ensino de cultura en clave de muller. O “Proxecto Feminino Plural”, organizado polo propio alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural, xa trouxo xente como Sés, Benedicta ou Guadi Galego no Ciclo "Ao son delas". E na liña da loita feminista deste 8 de marzo, o vindeiro luns 19 de marzo terán a sorte de Bailar as Rúas coa Banda da Loba e aprender de mulleres bravas e emprendedoras como Carmen Riveiro. Xantaran xuntas, parolarán e ao rematar “afogarán” na poesía musicada desta impresionante banda de mulleres que chegaron para cambiar o mundo.

Unha cuña pola folga feminista

O alumnado do IES baiés fixo esta interesante cuña radiofónica para explicar os sobrados motivos da folga feminista do 8 de marzo, que sairá ademais no recuperado programa O Ronsel das radios irmandades da Costa da Morte.

“Feminino Plural”

O obxectivo fundamental que intentamos acadar con este Proxecto Educativo é conseguir formar persoas libres, con sentido crítico e de participación social. A enerxía transformadora do proxecto “Feminino Plural” sitúase no traballo en valores e, fundamentalmente, nunha intervención planificada a respeito da igualdade de xénero da que deriva un proceso espontáneo, difusor de valores que contaxian e se retroalimenta do movimento social e está a modificar o noso sistema cultural, desde abaixo e con protagonismo das novas xeracións. “Feminino Plural” non é simplemente unha sucesión de actividades continuadas. É un proxecto planificado con bases metodolóxicas nas dinámicas dos movimentos sociais, especialmente do feminismo, da pedagoxía social, da psicoloxía social, da xestión cultural ou da animación sociocultural. Así que este proceso comeza nas aulas e é aí onde (coa implicación importantísima das familias, alumnado e profesorado) comeza a crecer a vontade de crear dende o feminismo unha nova forma de ser, facer e pensar. Queda aínda outro encontro para o vindeiro mes con Alba María e Lupe Branco refueifándolle á emigración.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios