Os martes son tardes de contos en Zas

Hoxe, martes 17 de xaneiro de 2012, comenza unha nova Campaña de Animación á lectura na Bibllioteca municipal do Concello de Zas. As sesións de contacontos correrán a cargo da Compañía do Trinke Trinke e os seus xa coñecidos ratos da biblioteca.

A primeira sesión terá lugar hoxe na Biblioteca Municipal de Zas ás 18:15 horas. E así durarán durante un martes de cada mes ata maio.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Zas.