Os grupos culturais da zona poden inscribirse xa na Rede Cultural 2012 da Deputación


Atentos todos os grupos e intérpretes profesionais e non profesionais da zona, porque a Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Provincial da Coruña a apertura da convocatoria para inscribirse na programación Rede Cultural 2012 da Deputación, cuxo prazo rematará o próximo 31 de xaneiro.
Xa saben, ese programa a través do cal concellos e asociacións poden organizar as súas festas, concertos, programas teatrais... nos que os grupos elexidos son cofinanciados pola Deputación. I é que un Concello pode solicitar á Deputación un grupo e a entidade provincial sufraga parte dos custes.
É esta unha grande saída para os grupos de diferentes ramas de todo o país. Así, unha ve rematado o prazo, a institución provincial editará e imprimirá un catálogo que estará a disposición dos concellos e entidades privadas que programen actos culturais durante este ano (teléfono de contacto e tarifas), e confinanciará parte do caché dos grupos participantes.
O ano pasado formaron o catálogo da Rede cultural máis de 1.600 formacións (desde músicos ata compañías de teatro ou danza) dos que máis de 50 eran da Costa da Morte. Pero este curso hai recortes, como unha rebaixa de cachés en non profesionais, cambios de porcentaxes...
Categorías
A convocatoria ábrese para dúas categorías: profesional e non profesional. A primeira contará co XXIV Programa de teatro e títeres para compañías profesionais, o XXV Ciclo de música para intérpretes profesionais e o VI programa para compañías de danza profesionais e outras actividades. A este tres programas poden optar intérpretes de diferentes estilos musicais (desde a música clásica ata o tecno), compañías de teatro, títeres, maxia ou monólogos e tamén agrupacións profesionais de danza clásica, contemporánea e folclórica.
Por outra banda, na categoría non profesional este ano desenvolverase o XXIX Programa de música e teatro para grupos non profesionais ao que poden optar bandas de música ou gaitas, corais, orquestras e intérpretes solistas, así como persoas que desenvolvan espectáculos de danza ou artes escénicas.
Máis información
- Descargar BOP [pdf].
- Deputación: Rede Cultural.
- Poden chamar ao 981 080 319.
Novas relacionadas
- A participación da Costa da Morte na Rede Cultural da Deputación 2011.
- Escolma de bandas costeiras – A Axenda Sonora da Costa da Morte segue crecendo.
- Máis de 100 mecenas polo galego nos medios de comunicación.
Fonte
- Deputación da Coruña.