Roi da Costa, repite como presentador da Carballeira

Roi da Costa na Festa da Carballeira de Zas 2022

O humorista e actor zaense será o responsable de conducir a 38 edición da festa da Carballeira por segundo ano consecutivo. Segundo as súas declaracións o ano pasado viviu a festa “entre emoción e nervios, por ser na miña terra, pero desfrutando moitísimo, e este vouno desfrutar sen dúbida moitísimo máis, porque vou sen a presión da primeira vez! Estou desexando que chegue o día para poder desfrutala con todos os asistentes. A Carballeira é unha festa que sempre levo no corazón, porque é a miña terra”. 

Roi atópase nun momento profesional excelente, e chega a Zas tras unha apertada axenda traballando en dobraxe, en programas de televisión como Luar (no que fixo diferentes personaxes ó longo do ano, participación en anuncios publicitarios, estrea dun espectáculo de improvisación teatral e incluso un levando a cabo un pequeno papel na serie “El caso Asunta” como actor na serie.

Recordamos o cartel de este ano, que arrancará o venres da man dos escoceses Red Hot Chilli Pipers, The Rapants, Dios Ke Te Crew, Xosé Lois e Aliboria, Xurxo Fernandes, Uncle Bard & The Dirty Bartards ou Ruxe Ruxe.

 

As entradas xa estarán a venda anticipada en internet no seguinte enlace ata o próximo venres 12 as 15h: https://www.festadacarballeira.com/entradas/ , con un custo de 15€+gastos de xestión o bono para os dous días, e bono de día individual 8€+gastos de xestión. A partir de este momento poderanse atopar na venda en taquilla con prezos de 12€ entrada para un so día e 20€ bono para os dous días.