Sufocan un incendio nun restaurante de Baio

incendio restaurante

Esta pasada noita de xoves, os propietarios de Casa Rogelio, en Baio, daban  alerta por un incendio. Chamaban ao 112 e de contado se puñan a extinguir o lume empregando tres extintores en pó.

Á chegada dos Bombeiros do parque provincial de Santa Comba xa o tiña sufocado, e estes puideron comprobar que non quedara ningún foco prendido coa cámara termográfica e ventilaron o espazo, que aínda se atopaba cheo de fume.

O incendio provocou danos na campana extractora e outros electrodomésticos da cociña. Remataron o servizo cara a media noite.