Sufocan un incendio nun restaurante de Baio

10:50 28/02/25
Esta pasada noita de xoves, os propietarios de Casa Rogelio, en Baio, daban alerta por un incendio. Chamaban ao 112 e de contado se puñan a extinguir o lume empregando tres extintores en pó.
Á chegada dos Bombeiros do parque provincial de Santa Comba xa o tiña sufocado, e estes puideron comprobar que non quedara ningún foco prendido coa cámara termográfica e ventilaron o espazo, que aínda se atopaba cheo de fume.
O incendio provocou danos na campana extractora e outros electrodomésticos da cociña. Remataron o servizo cara a media noite.