As Torres do Allo abren máis as portas por Semana Santa

A Exposición Galicia con Exin Castillos ten unha boa visita

Ademais dos obradoiros Infantís de conciliación (que, ollo, xa teñen todas as prazas cubertas, as Torres do Allo convírtense nun dos focos de atracción durante esta Semana Santa.

Albergan ademais a singular exposición de maquetas Exxin, que ten unha ben interesante visita para público de todas as idades.

E fano cun horario moito máis amplio, abrindo as portas dende o sábado 9 ata o domingo 17 de 11:00h a 20:00h.

Tamén poderase observar a naturaleza que rodea o pazo como o camiño da carballeira ou o abeto de Vancouver. E como, reservar visitas guiadas ás 13:00h e ás 17:00h para coñecer a historia do pazo máis antigo de Galicia e da familia que o xestionaba, os Riobóo.
Pódese reservar as visitas guiadas mandando un correo electrónico a info@torresdoallo.gal ou realizar unha chamada telefónica a 655 71 67 43.

Novas relacionadas