Últimos días para inscribirse na Universidade Sénior da UDC na Costa da Morte

Xa hai 40 inscritos e o prazo de inscrición se amplía ata este venres 22 de marzo. Os maiores de 50 anos aínda estades a tempo de apuntarvos á esta novedosa iniciativa que democratiza a formación. A inscrición é gratuita e está aberta a todos os veciños e veciñas da Costa da Morte. A aterraxe da Unisiverdade Sénior da UDC á Costa da Morte seguro que se convirte nun gran referente a nivel galego.

Os tres seminarios desenvolveranse no Centro Sociocultural de Baio durante os meses de abril e maio .

“Compartir experiencias e coñecemento” é o nome deste programa piloto posto en marcha pola Universidade Sénior da UDC, en colaboración co GDR Costa da Morte e co apoio da Deputación Provincial da Coruña e da Xunta de Galicia. O programa divídese en tres seminarios nos que se abordarán cuestións como a o patrimonio, a biodiversidade e a saúde. Dentro de cada un dos seminarios, impartidos por distintos mestres da UDC, haberá sesións teóricas-participativas e prácticas nas que se contemplan saídas de campo. As clases terán lugar os mércores en horario de 17 a 19 horas.

Inscrición

Os/as interesados/as en participar poden informarse a través do Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do seu concello ou contactando coa Axente de Desenvolvemento Local de Zas, Isabel Agra, a través do seu enderezo electrónico (isabel.agra@concellodezas.org) ou no número de teléfono 981 70 83 03, en horario de 9:00 a 14:30 horas.

Máis información e inscricións

A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito presencial a través dos Axentes de Desenvolvemento Local (ADL) dos Concellos participantes, dende o luns 12 ata o 21 de marzo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)