Venres. 19.04.2024
El tiempo

Últimos días para inscribirse na Universidade Sénior da UDC na Costa da Morte

Últimos días para inscribirse na Universidade Sénior da UDC na Costa da Morte
Universidade Senior da Costa da Morte-UDC

Xa hai 40 inscritos e o prazo de inscrición se amplía ata este venres 22 de marzo. Os maiores de 50 anos aínda estades a tempo de apuntarvos á esta novedosa iniciativa que democratiza a formación. A inscrición é gratuita e está aberta a todos os veciños e veciñas da Costa da Morte. A aterraxe da Unisiverdade Sénior da UDC á Costa da Morte seguro que se convirte nun gran referente a nivel galego.

Os tres seminarios desenvolveranse no Centro Sociocultural de Baio durante os meses de abril e maio .

“Compartir experiencias e coñecemento” é o nome deste programa piloto posto en marcha pola Universidade Sénior da UDC, en colaboración co GDR Costa da Morte e co apoio da Deputación Provincial da Coruña e da Xunta de Galicia. O programa divídese en tres seminarios nos que se abordarán cuestións como a o patrimonio, a biodiversidade e a saúde. Dentro de cada un dos seminarios, impartidos por distintos mestres da UDC, haberá sesións teóricas-participativas e prácticas nas que se contemplan saídas de campo. As clases terán lugar os mércores en horario de 17 a 19 horas.

Inscrición

Os/as interesados/as en participar poden informarse a través do Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do seu concello ou contactando coa Axente de Desenvolvemento Local de Zas, Isabel Agra, a través do seu enderezo electrónico ([email protected]) ou no número de teléfono 981 70 83 03, en horario de 9:00 a 14:30 horas.

Máis información e inscricións

A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito presencial a través dos Axentes de Desenvolvemento Local (ADL) dos Concellos participantes, dende o luns 12 ata o 21 de marzo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios