Un accidente en Zas deixa feridas a unha nai e a súa filla
29 de xaneiro de 2016 (17:00 h.)
Tivo lugar este mediodía de venres 29 de xaneiro, arredor das 12:40h, un aparatoso accidente na estrada na DP-9304, no lugar Carreira, Concello de Zas. Unha colisión entre un turismo e un camión grúa procedente da zona de Santa Comba, provocaba que a nai e a súa nena de 4 anos tiveran que trasladadas ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, onde se atopan en observación, en principio sen graves consecuencias, máis aló dos golpes. Seguro que a rapaza levaba posto o sistema de seguridade ben colocado.
Por mor da colisión un poste de tendido eléctrico estaba tirado enriba do turismo. Foi Urxencias Médicas que deu a alarma, e dende o 112 mobilizaron aos Bombeiros de Santa Comba, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Zas.
Novas relacionadas
- 22-01-16: Un accidente entre un camión e un turismo deixa unha ferida grave en Santa Comba.
- 19-01-16: Tráfico sorprende en Mazaricos a unha veciña circulando con dous menores no asiento dianteiro.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).