martes. 06.05.2025
El tiempo

Un accidente en Zas deixa feridas a unha nai e a súa filla

Un accidente en Zas deixa feridas a unha nai e a súa filla
Grave accidente en Carreira-Zas Aparatoso accidente en Carreira, Zas

Tivo lugar este mediodía de venres 29 de xaneiro, arredor das 12:40h, un aparatoso accidente na estrada na DP-9304, no lugar Carreira, Concello de Zas. Unha colisión entre un turismo e un camión grúa procedente da zona de Santa Comba, provocaba que a nai e a súa nena de 4 anos tiveran que trasladadas ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, onde se atopan en observación, en principio sen graves consecuencias, máis aló dos golpes. Seguro que a rapaza levaba posto o sistema de seguridade ben colocado.

Por mor da colisión un poste de tendido eléctrico estaba tirado enriba do turismo. Foi Urxencias Médicas que deu a alarma, e dende o 112 mobilizaron aos Bombeiros de Santa Comba, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Zas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios