Un motorista en estado grave tras un choque en Baio

Un motorista resultou ferido de gravidade esta mañá en Zas ao colidir a moto na que viaxaba contra un coche. O accidente produciuse na parroquia de Baio, nunha rotonda da estrada que vai do Allo a San Fins do Castro. O helicóptero medicalizado con base en Santiago estase trasladando arestora ata o lugar dos feitos. Unha persoa particular telefonou ao 112 Galicia ás 12:20 horas de hoxe para alertar do acontecido.

O persoal do CAE 112 Galicia púxoa en comunicación con Urxencias Médicas. Tamén se alertou aos Bombeiros de Santa Comba, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Accidentes 2016

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Axega 112