A Universidade Sénior volve á Costa da Morte
Por terceiro ano, a Universidade da Coruña quere seguir espallando e democratizando coñecemento polo rural galego e para xentes de avanzada idade. O seu Programa Universitario para Maiores de 50 anos volve aterrar en Zas,. Tiña onte a presentación oficial dun novo curso de formación, que se desenvolverá entre marzo e maio deste 2020.
O programa formativo consta de tres módulos, enfocados á revalorización do patrimonio cultural, social e ambiental da zona, a concienciación sobre a presenza da ciencia no día a día, e o recoñecemento do valor das disciplinas artísticas a través do coñecemento e as vivencias.A Vicerreitora de Planificación Académica e Innovación Docente da Universidade da Coruña, Nancy Vázquez Veiga, o Alcalde de Zas e Presidente do GDR “Costa da Morte”, Manuel Muíño Espasandín; e Matilde García Sánchez, Directora da Universidade Sénior, asistiron á presentación
O primeiro módulo, sobre Patrimonio Social e Cultural, arrincará o mércores 25 de marzo e terá 6 sesións ata a visita cultural do venres 17 de abril.
O sgeundo módulo, sobre Medio Ambiente e Sustentabilidade, comeza o 15 de abril e remata tamén cunha saída o venres 25.
O terceiro módulo, de Saúde e Calidade de vida, vai do 29 de abril ao 8 de maio.
Inscrición
A inscrición, que será gratuíta, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (udcseniorcostadamorte.wordpress.com) ou presencial a través dos ADL de cada Concello do GDR “Costa da Morte”, dende o 5 ata o 20 de marzo.
Novas relacionadas
- Maio 2019: 66 maiores forman a segunda fornada de diplomados na Universidade Sénior.
- Marzo 2019: A Universidade Sénior volve, por segundo ano, á Costa da Morte.
- Maio 18: A primeira andaina da Universidade Sénior botou o peche.
- Abril 18: Os maiores volven ás aulas da universidade.