Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Universidade Sénior volve, por segundo ano, á Costa da Morte

Presentacion da Universidade Senior en Zas 2019
A Universidade Sénior volve, por segundo ano, á Costa da Morte

Tralo rotundo éxito do ano da súa estrea, non podía fallar. A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña volve á Costa da Morte. Esta pasada mañá de xoves 7 de marzo facía a presentación oficial, coincidindo coa apertura do prazo de inscrición desta segunda edición do programa de democratización do coñecemento.

O programa de formación universitaria específico para os adultos maiores. realizado en colaboración có GDR Costa da Morte, desenvolverase nos meses de marzo a maio, no Centro Sociocultural de Baio (Zas).

Tres módulos coa sustentabilidade como eixe

O programa aséntase sobre unha idea fundamental: a Sustentabilidade, e consta de tres módulos, impartidos por profesorado da Universidade da Coruña, que abordarán a través de sesións teóricas e sesións prácticas ou saídas de campo, as seguintes temáticas e calendario:

  • MÓDULO I. Sustentabilidade Social e Económica. 27 e 28 de marzo, e 3 e 4 de abril de 2019. Falarese de economía, socioloxía, Patrimobio e sustentabilidade cunha visita ao Mosteiro de Moraime.
  • MÓDULO II. Sustentabilidade Ambiental. 10, 11, 24 e 25 de abril de 2019. Falarase de Sustentabilidade ambiental e inclúe visita a Caolines de Vimianzo.
  • MÓDULO III. Saúde e Benestar. 15, 16, 22 e 23 de maio de 2019. Falarese de alimentación saudable, actividade física, estres.

Máis información e inscricións

A inscrición, que é gratuíta, pódena facer os maiores de 50 anos de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte ou presencialmente a través dos ADL de cada Concello do GDR “Costa da Morte”, dende o 7 ata o 24 de marzo.

Novas relacionadas

Comentarios