Volven os obradoiros infantís de conciliación por Semana Santa nas Torres do Allo

En clave de conciliación laboral e familiar da nosa veciñanza, o Concello de Zas vén de poñer en marcha un novo programa de obradoiros infantís para esta Semana Santa.

Concretamente estes talleres realizaranse os días 11, 12 e 13 de abril en horario de mañá (de 11:00 a 13:00 horas) no Centro Sociocultural de Zas e en horario de tarde (de 16:00 a 18:00 horas) no Centro Sociocultural de Baio. Son gratuítos e están dirixidos a nenas e nenos de 3 a 12 anos. Para asistir é necesario anotarse en calquera destes números de teléfono: 981 751 398 ou 981 718 056. O prazo de inscrición retama o próximo venres, 8 de abril.

Outras citas para Semana Santa