Zas abre un completo programa de actividades de cara ao verán

Xa están enriba da mesa as Actividades de verán 2011 do Concello de Zas. Onte mesmo abríase o prazo para inscribirse en todas estas actividades:

  • Festa infantil. 25 de xuño.
  • Cursos de Informática e Mecanografía para nenos/as de 8 a 12 anos..
  • Escola de Tenis.
  • Diververán: obradoiros e xogos.
  • Cursos de natación.
  • Faino ti: manualidades.
  • VII Concentración de Motos Clásicas.
  • Campamento de 3 días.
  • Excursión ó Aquapark de Cerceda.
  • Curso de Tiro con arco.
  • Semana Cultural.
  • Zaspateando. Actividades medioambientais.
  • Xornada de deporte de aventura para persoas adultas.
  • V Trofeo “Machiño” de Tenis.
  • Día da Bici.
  • XXIV Trofeo de Fútbol Concello de Zas.

Máis información e inscrición

As inscricións recolleranse nos Centros Socioculturais de Zas (981.751.398) e de Baio (981.718.056), en horario de mañán de 9:30 a 14h. de luns a venres.

Novas relacionadas

Fonte