Sábado. 21.09.2024
El tiempo

Un verán de lecer e lectura

Un verán de lecer e lectura

Continúa artellando iniciativas conxuntas os Servizos de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Zas, e os de Cabana de Bergantiños, Carballo, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Este ano, o SNL zaense liderou a edición, por segundo ano consecutivo, "Un verán de lecer". Unha publicación que chega trala fantástica aposta da guía para navegar por internet, en galego, "Os meus favoritos.

Na edición e difusión desta publicación colaboraron tamén os Equipos de dinamización lingüística (EDNL) dos centros de ensino dos concellos participantes, a Unidade técnica de normalización lingüística da Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A publicación, recolle unha serie de recomendacións literarias, musicais e audiovisuais en lingua galega clasificadas por idades, co obxectivo de que os potenciais consumidores coñezan a oferta existente en produtos culturais en lingua galega.

Editáronse un total de 8000 exemplares que se repartirán nos centros de ensino e nos servizos de normalización lingüística das comarcas da Terra de Soneira e Bergantiños e nos SNL dos concellos da provincia.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios