Zas celebra o Samaín os dous días non lectivos pero laborables

O venres 31 de outubro e o luns 3 de novembro son días non lectivos pero laborables. Para facilitar a conciliación, o Concello de Zas prepara un campamento de Samaín para eses dous días.
Celebrarase no Centro Sociocultural de Zas en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, e será gratuíto. Para participar é necesario anotarse ata o xoves, 30 de outubro, en calquera destes números de teléfono: 981 718 056 (de 15:30 a 20:30 horas) ou no 981 708 303 (de 08:00 a 15:00 horas).

O Concello de Zas é un dos poucos municipios da zona que ofrece unha alternativa para as familias durante estes días non lec&vos.