A Responsabilidade

Abríase estes días un debate sobre a responsabilidade en casos moi distintos, de persoas moi diferentes e con graos nada similares. O asunto do intento de golpe de estado perpetrado polo colectivo de controladores aéreos (iso foi o que tentaron, outra cousa é o nome que agora se lle queira dar), a reacción do goberno, o asunto da militarización, un concepto rescatado do franquismo (una lei franquista de feito). Moitos termos e persoas con graduacións de responsabilidade distintas que merece a pena debater, comentar e mais en relación cun suceso recente na comarca, deste pasado martes, que determina mais aínda cal é a difusa capacidade que a maioría temos sobre que responsabilidade outorgar a cada quen. No caso do caos aéreo provocado polo presunto delito de sedición cometido polo colectivo de controladores a responsabilidade está clara. Son eles, ese grupo de millonarios viciosos e mimados durante décadas os únicos responsables da situación e das súas consecuencias. Só eles foron os que coordinaron e patrocinaron unha acción de guerrilla consistente en bloquear o trafico aéreo de todo un país en plena ponte da Constitución (que paradoxico). Eles e ninguén mais decidiron unilateralmente deixar en situación de abandono os seus postos de traballo sen razón algunha e eles decidiron utilizar una forma ilegal e salvaxe de folga como medida de presión contra o goberno. Un golpe de estado laboral e no seu caso ademais totalmente inxustificado. Cobran burradas por un traballo onde a responsabilidade real non é nin de lonxe superior a dun medico ou un condutor de autobús. O primeiro pode matar cun erro a un paciente, o segundo a 60 persoas dunha tacada. O controlador aéreo so interpreta datos, decide traxectorias e da permisos a aparellos que, por outro lado, van dotados da mais alta tecnoloxía de radar e detección de colisións. Non é que non fagan falla, ollo, pero a marxe de erro no seu caso non xustifica, penso eu, nin de lonxe, embolsarse mais de 120.000 euros o ano (os que menos). Ou cobrar 700 por una hora extra. Nin de coña. Outro grao e tipo de responsabilidades mais cotiás teñen menos calado social. Penso nun condutor borracho (alguén, por exemplo, que dea mais de 1.15 na proba de alcoholemia esta borracho). A lei castiga con penas incluso de prisión actitudes e feitos coma o de conducir nese estado. Sabido isto, pregunto ¿é lexitimo, moral ou lóxico que unha persoa habitualmente involucrada en incidentes desta clase tome decisións coma representante publico nun pleno?. Aínda mais, ¿debería o seu líder, a cabeza do partido polo que se senta nese pleno aceptar e admitir este tipo de situacións?. Ollo, non se trata de estigmatizar, castigar ou marxinar a esta ou calquera outra persoas afectadas por esa enfermidade, o alcoholismo, pero ¿debo admitir coma cidadán que no meu nome e para afectarme a min, levante a man para votar nun pleno un presunto autor dun presunto delito de condución temeraria baixo os efectos do alcohol e quintuplicando a taxa permitida?. ¿Quen é o responsable neste caso?, ¿o presunto delincuente ou o seu dirixente e protector?. Non vai suceder porque estou seguro que se tomaran medidas (agardo que así sexa) pero ¿e si un día este individuo (non falo de ninguén concreto, hai moitos, aínda que a algúns aínda non lle fixeran a proba) conducindo no mesmo estado sofre un accidente contra outro vehículo?, ¿e si mata a alguén?. ¿Quen será entón o principal responsable?, ¿e os responsables subsidiarios? O responsable do contido e opinións verquidas nesta columna son eu, por exemplo. E me pesa a responsabilidade. Aínda que teña anchas espaldas…
  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Máis información e contacto

Novas relacionadas

Verdades anteriores