A Responsabilidade
12:18 10/12/10
Abríase estes días un debate sobre a responsabilidade en casos moi distintos, de persoas moi diferentes e con graos nada similares. O asunto do intento de golpe de estado perpetrado polo colectivo de controladores aéreos (iso foi o que tentaron, outra cousa é o nome que agora se lle queira dar), a reacción do goberno, o asunto da militarización, un concepto rescatado do franquismo (una lei franquista de feito). Moitos termos e persoas con graduacións de responsabilidade distintas que merece a pena debater, comentar e mais en relación cun suceso recente na comarca, deste pasado martes, que determina mais aínda cal é a difusa capacidade que a maioría temos sobre que responsabilidade outorgar a cada quen.
No caso do caos aéreo provocado polo presunto delito de sedición cometido polo colectivo de controladores a responsabilidade está clara. Son eles, ese grupo de millonarios viciosos e mimados durante décadas os únicos responsables da situación e das súas consecuencias. Só eles foron os que coordinaron e patrocinaron unha acción de guerrilla consistente en bloquear o trafico aéreo de todo un país en plena ponte da Constitución (que paradoxico). Eles e ninguén mais decidiron unilateralmente deixar en situación de abandono os seus postos de traballo sen razón algunha e eles decidiron utilizar una forma ilegal e salvaxe de folga como medida de presión contra o goberno. Un golpe de estado laboral e no seu caso ademais totalmente inxustificado. Cobran burradas por un traballo onde a responsabilidade real non é nin de lonxe superior a dun medico ou un condutor de autobús. O primeiro pode matar cun erro a un paciente, o segundo a 60 persoas dunha tacada. O controlador aéreo so interpreta datos, decide traxectorias e da permisos a aparellos que, por outro lado, van dotados da mais alta tecnoloxía de radar e detección de colisións. Non é que non fagan falla, ollo, pero a marxe de erro no seu caso non xustifica, penso eu, nin de lonxe, embolsarse mais de 120.000 euros o ano (os que menos). Ou cobrar 700 por una hora extra. Nin de coña.
Outro grao e tipo de responsabilidades mais cotiás teñen menos calado social. Penso nun condutor borracho (alguén, por exemplo, que dea mais de 1.15 na proba de alcoholemia esta borracho). A lei castiga con penas incluso de prisión actitudes e feitos coma o de conducir nese estado. Sabido isto, pregunto ¿é lexitimo, moral ou lóxico que unha persoa habitualmente involucrada en incidentes desta clase tome decisións coma representante publico nun pleno?. Aínda mais, ¿debería o seu líder, a cabeza do partido polo que se senta nese pleno aceptar e admitir este tipo de situacións?. Ollo, non se trata de estigmatizar, castigar ou marxinar a esta ou calquera outra persoas afectadas por esa enfermidade, o alcoholismo, pero ¿debo admitir coma cidadán que no meu nome e para afectarme a min, levante a man para votar nun pleno un presunto autor dun presunto delito de condución temeraria baixo os efectos do alcohol e quintuplicando a taxa permitida?.
¿Quen é o responsable neste caso?, ¿o presunto delincuente ou o seu dirixente e protector?. Non vai suceder porque estou seguro que se tomaran medidas (agardo que así sexa) pero ¿e si un día este individuo (non falo de ninguén concreto, hai moitos, aínda que a algúns aínda non lle fixeran a proba) conducindo no mesmo estado sofre un accidente contra outro vehículo?, ¿e si mata a alguén?. ¿Quen será entón o principal responsable?, ¿e os responsables subsidiarios?
O responsable do contido e opinións verquidas nesta columna son eu, por exemplo. E me pesa a responsabilidade. Aínda que teña anchas espaldas…
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Máis información e contacto
- Facebook: José Luis Louzán.
Novas relacionadas
Verdades anteriores
- Tabaquismo.
- ¿Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- "Agallas".
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- "Aínda que pareza mentira...".
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo....
- Patrimonio do ¿Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución ¿de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo....”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- ¿Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.