Agora que as nosas casas son as casas do mar

Os novos heroes da nosa costeira foron mariñeiros de Muxía que rescataron a uns navegantes ingleses e acubilláronos nos seus fogares tal e como se facía nos séculos pasados, roupa seca, comida quente e unha cama na que repousar, a vella lei do mar.

Esta historia non aconteceu fai cen anos, non, ocorre neste mes de florido de maio de 2015 onde, a falta de todo, menos indecencia, que deso temos superávit, tamén é patente na nosa costeira malferida, xa sen redención posible, porque nin Casa do Mar se quera, nin eso. Teñen que ser os nosos mariñeiros os eternos gardiáns deste atlántico embargado. Xa nolo confirmaba un mariñeiro de Cee cun artigo moi poético que, facendo soar a súa buguina falanos en video, dende o seu barco, e cóntanos a dura realidade da xente do mar, moi dura.

Xosé Iglésias tamén é un loitador da proa a popa como Francisco Castro, o patrón do barco Os Castro de Muxía, que foi nova destacada estes días por tan notable suceso que alterou os rumores, disques e diretes das nosas vilas mariñeiras.

Hoxe, as lonxas, teñen as horas contadas e mercaremos peixe de fóra, a prezo de ouro, moi pronto, mentres subvencionan o desguace da nosa gran armada invencible que xace derrotada neste xogo de cuotas e maletíns, un novo xogo que endexamais pensamos que afectaría tanto as nosas humildes vidas insignificantes.

Apagaron aquel berro mariño da vaca de Fisterra e agora son as caramuxas ancestrais as que que se laian fortemente como un derradeiro mayday, último aviso sonoro, neste velatorio imparable do que somos testemuños e victimas, calados ou non.

Medre o mar!!!

  • Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.

Novas relacionadas

Outros artigos de Óscar de Souto

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).