Venres. 29.03.2024
El tiempo

Cabaneses que espallan cultura

Cabaneses que espallan cultura

Continúa a Tenda dos Libros de Ponteceso achegando cultura a Costa da Morte. E se a semana anterior tocaba sesión con Manuel Gago, este pasado venres os protagonistas eran veciños. Foron os creadores cabaneses Óscar de Souto e Serxio Moreira os que achegaron a súa aposta poética e musical ao feudo pondaliano. Todo para pechar unhas xornadas culturais de outono moi interesantes.

Así, a trastenda da libraría pontecesá encheuse de acordes e versos.
Pero ademais xornada tamén serviu para presentar dúas antoloxías poéticas na que De Souto é parte esencial: "Latexos" e "Se lo dije a la noche". I é que non estiveron sós os cabaneses. Tamén recitaron Antón Borrazás (presidente da Organización Cultural OLCA e autor de En mares de coherencia), Manolo Pombo (escritor e membro do colectivo das tertulias literarias no Café Inglés da Coruña); e Miguel Queipo (escritor e tamén membro das tertulias do Café Inglés). Debido a problemas de última hora, faltou á cita Carmen Corral Bosch (poetisa e co-fundadora de OLCA).

Entre o público encontrábanse outros poetas bergantiñáns así como dinamizadores socioculturais que tomaron boa mostra desta iniciativa. Todos disfrutaron de boa poesía.

Aquí vos deixamos co Recital de poesía da Asociación Amencer de Coruña, no que presentaron a Antoloxía Latexos e entre o que atopamos a Óscar de Souto.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Departamento de Cultura, Educación e Normalización Lingüística do Concello de Cabana.

Comentarios