As listas de intereses en Facebook

Así como nada, xa levaba sete meses sen escribir en Marketing de andar por casa , menos mal que a dirección de QPC é comprensiva e sempre ten as portas abertas para os seus colaboradores…

Para retomar a sección propuxéronme explicar como funciona a chamada “Lista de intereses de Facebook” e como as publicacións da nosa páxina non as ven sempre todos os nosos seguidores . Este é un tema moi importante nos últimos tempos, porque cos cambios que foi introducindo Facebook, cada vez teñen máis importancia as publicacións publicitarias, mentras que as publicacións non pagadas chegan a menos e menos usuarios .

O EdgeRank de Facebook

EdgeRank é o nome do algoritmo que emprega Facebook para amosar as novas no muro dos usuarios de Facebook.

Esta fórmula matemática ten en conta varios factores:

  • A interacción (gústame, clicks, compartidos) que un usuario ten cos contidos que publicas na túa páxina. Canta máis interacción enténdese que os contidos son máis relevantes para o usuario e estás sumando puntos a favor de que lle aparezan as publicacións.
  • A relevancia , cantos máis “gústame”, “compartidos” e outras interaccións consiga a publicación, Facebook entende que é máis importante e daralle prioridade.
  • O tempo corre na nosa contra, canto máis tempo pase desde que se publicou unha historia, Facebook entende que menos importancia ten.

Por qué a información que publicamos nas páxinas de Facebook non a ven todos os nosos seguidores?

Aínda que ás veces nos pareza o contrario, desde o punto de vista do usuario esta priorización de contidos de Facebook é moi útil porque aforra tempo e se o usuario ten configurada a súa conta segundo os intereses, sempre lle amosará a información máis relevante para el.

Unha das configuracións da conta máis importante á hora de que os usuarios vexan a información que publicamos e a chamada “lista de intereses” . Mediante as listas de intereses, os usuarios poden organizar as novas que lles interesan de Facebook.

Se un usuario engade a túa páxina á súa lista, as túas novas aparecerán cando o usuario vaia a ver os marcadores da lista na que te engadiu e tamén lle aparecerán na sección de novas. Cantos máis usuarios engadan a túa páxina á lista de intereses, máis alcance e visibilidade terán as túas publicacións.

Unha alta porcentaxe de usuarios non volve entrar á túa páxina de Facebook despois de darlle a “gústame”. A partir dese momento a información que recibe sobre os teus produtos ou servizos é a que lle aparece nas súas novas. Segundo funciona o EdgeRank de Facebook, pode ser que moitos dos seguidores que tes na páxina realmente non vexan ningunha das publicacións que fas.

Como conseguir que as publicacións teñan un alcance maior

  • Publicar contido relevante para o usuario. Mellor menos e de máis calidade.
  • Publicar ás horas nas que máis usuarios están empregando as redes sociais.
  • Invitar aos teus seguidores a que poñan a túa páxina na lista de intereses.
  • Ana Díaz Pérez (anadiaz@quepasanacosta.gal).

Artigos en Marketing de andar por casa

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).