![Manuel-Pan-e-Daniel-Cerqueiro-de-Empresas-da-Costa-nas-Xornadas-IMpactic-de-Carballo Manuel-Pan-e-Daniel-Cerqueiro-de-Empresas-da-Costa-nas-Xornadas-IMpactic-de-Carballo]()
Esa foi unha das máis interesantes conclusións á que chegaron os
20 empresarios que asistiron ás
#XornadasImpactic (poden seguir o transcurso das mesmas polo
hastag en
twitter) que
Empresas da Costa organizou en Carballo o pasado xoves 8 de novembro, coa colaboración do Concello e de
AXOBER. Unhas xornadas que
xa se celebraron en Cee e que
esta semana se extenden a Santiago, cunha triple sesión formativa e de auditoría para empresarios de toda Galicia.
![Xornada-IMpactic-en-Carballo 20 empresarios bergantiñáns acodiron ao Forum Carballo ás Xornadas Impactic]()
Tralo visto nas dúas citas costeiras, falamos dunhas xornadas moi produtivas para os empresarios, que xa están dando máis pasos para sumerxirse na rede.
"Se hai uns anos pensabamos que o importante era estar en internet, agora xa sabemos que hai que estar, pero ben. Agora queremos convertir", analizaban algúns dos presentes.
De primeiras,
Manuel Pan fixo un repaso dos conceptos máis importantes para ter algo de idea sobre a rede como hosting, dominio, xeoreferencia... Pola súa parte
Daniel Cerqueiro analizou a necesidade de facer un Plan de Marketing mesmo para pequenas empresas. Ambos repasaron a necesidade de "estar onde está a xente", como é nas redes sociais, e valoraron que un plan serve para optimizar os recursos e medir os avances.
Pero a parte máis interesante das Xornadas é a
Auditoría de Impacto. Os empresarios asistentes suxeriron varias empresas e os especialistas analizaron o seu posicionamento na rede. Ademais se analizaron varios exemplos de empresas cercanas que demostran que o éxito na rede, é accesible tamén dende a Costa da Morte.
Para pechar as xornadas, os responsables de
Empresas da Costa aproveitaron para explicar o proxecto. Un proxecto feito en e para a Costa da Morte que ofrece a posibilidade de ser un vehículo na rede para as pequenas e medianas empresas.
“Unhas páxinas amarelas, un one&one e un cuponeo nunha soa ferramenta , isto é un directorio de empresas, unha plataforma para facer webs a baixo custe, cun dinámico sistema de cupóns. E
made in Costa da Morte“, facendo referencia ás nais de EdC, como son a empresa carballesa Abertal e a corcubionesa Galinus.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal)