As nosas Rosalías

Había unha vez un remoto lugar o noroeste dunha Península que facía constantes festexos e homenaxes na honra dos escritores de séculos antergos co obxectivo de facer invisibles e mudos os verdadeiros bardos vivos do noso presente…

Cantas Rosalías temos vivas hoxe en día?

Só na Costa da Morte temos un verdadeiro batallón de mulleres cunha calidade literaria impresionante, moitas delas non saen nos medios de comunicación e permanecen nun verdadeiro “olimpo celta” atarefadas nas súas humildes vidas, inmersas no seu día a día empreñando de poesía os caixóns de toda a casa con obras artísticas de primeira división, sen dúbida algunha, editan no vento, publican para o esquecemento.

Esto acontece principalmente porque os estamentos oficiais e os círculos pechados, esa plaga de filólogos que se auto-proclamaron reis do Belén, impiden que xorda do pobo ningún bardo que coa súa pluma proteste polas calamidades funambulescas as que está sendo sometido un Pobo que sin abogados defensores, sen voz e sen colectivos ou asociacións verdadeiramente apolíticas, sen os estamentos democráticos básicos, hiper-necesarios, sen eles, nada se pode facer para frenar o avance do Capitalismo máis salvaxe devorando con ansia as idiosincrasias, culturas e idiomas do mundo enteiro para conformar unha nova realidade moi distinta a que vislumbramos cando eramos meniños, esta nova sociedade composta por individuos solitarios, indefensos e sen a súa idiosincrasia, marionetas nas mans de lobos feroces que, as veces, incluso se disfrazan de caperucita vermella.

Iria Mcleston , Rosa Lois Caamaño, Lucía Vilches Moya, Lucía Novas, Maria del Carmen Corral Bosch, María Canosa, Branca Vilela, María Xestal, María Castelo, Helena Villar Janeiro, Maria N. Soutelo, Iolanda Aldrei, Rochi Nóvoa, Antía Otero, María do Cebreiro, Claudia Castro, Ana Cibeira, Mar Beres, Marta Dacosta, Eli Rios… e un amplio elenco de centos de Rosalías que conforman un verdadeiro batallón literario sen precedentes na historia de Galicia, ollando como rendemos tributo de cote a escritores e personalidades de tempos lonxanos i esquencendo os verdadeiros tesouros vivos que deleitan en soidade o universo das estrofas.

Non digades #EUSONROSALÍA… non, BON, ESO NON!!!! Dicide máis ben: POR ONDE ANDAN AS NOSAS ROSALÍAS?.

A tod@s as poetisas da Costa da Morte, de Galicia e do mundo enteiro.

  • Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.

Outros artigos de Óscar de Souto

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
.