Hoxe: O Alzamento (Ponteceso, 1935)
16 de decembro de 2010 (10:31 h.)
Esta é unha historia importante,
este é un tremendo suceso,
que pasou no trinta e cinco
na vila de Ponteceso.
Está no cuartel Sabino,
no seu posto de teniente,
coa cabeza concentrada
nun gran asunto pendente.
Pendente hai de establecer
a data para o alzamento,
pois será moi decisivo
elixir un bó momento.
Sabino sufre en silencio
a terrible coxuntura.
¡Menos mal que falta pouco
para a nova singradura!
Son tempos de cativez
que teñen que rematar,
e Sabino xa está presto,
impaciente para actuar.
El pretende estar á altura
do que seus pais esperaban,
e non traizoar esa idea
a Sabino motivaba.
Ó fin chegoulle un paquete
cunha folla de instruccións.
Era o punto de partida
para pasar as accións.
Mirouse Sabino ó espello,
moi excitado co envío,
e alí un homiño pequeno,
case anano, foi o que víu.
"Adeus, Sabino o cortiño;
adeus, meu medio teniente.
A partires de hoxe á tarde
terei respecto da xente."
E Sabino puxo as alzas
que chegaran no paquete,
unhas cuñas xigantescas,
case zancos de xoguete.
Foi así como Sabino
rematou co sufrimento
da súa gran pequenez
recurrindo a un alzamento.
- Ángel M. Moar (ammmoar[arroba]quepasanacosta.gal)
Relatos anteriores
- Hoxe: A semana (Zas, 1947).
- Hoxe: Os formidables de Nantón (Cabana, 1954).
- Hoxe: Comida (Arou, 1946).
- Hoxe: A porta (Camariñas, 1.944).
- Hoxe: A pequena (Frixe, 1.908):
- Hoxe: No fondo (Suarriba, 1.955).
- Hoxe: Un neno carbón (Corcubión, 1.926).
- Hoxe: Dúas irmás (Malpica, 1.951).
- Hoxe: A caixa (Berdoias, 1.957).
- Hoxe: A radio (Corcubión, 1.953).
- Hoxe: Sambaxada (Cee, 1.976).
- Hoxe: Tres días (Muxía, 1.949).
- Hoxe: O baile dos vampiros (Corcubión, 1.992) .
- Hoxe: Touliña (Camelle, 1.948).
- Hoxe: Un diaño por Fisterra (Fisterra, 1.913).
- Hoxe: O Regalo: (Corme, 1.9/opinion//hoxe-tres-dias-muxia-1-949/20100929171621098995.html) .
- Hoxe: Ego te absolvo (Carballo, 1.975) .
- Hoxe: Tuno de Oficio (Santiago de Compostela, 1.982).
- Hoxe: Regateo (Moraime, 1.950).
- Hoxe: O Macao (Baio, 1.988).
- Hoxe: Na Escola (Cabana, 1.971) .
- Hoxe: O último desfile de San Cristóbal: (Corcubión, 1.989).
- Hoxe: O álbum (Fisterra, 1.932).
- Hoxe: Xenerosidade e entrega (A Coruña, 1.994).
- Hoxe: O mozo de onte (Cee, 1.936).
- Hoxe: coMISIÓN SUICIDA (Corcubión, 1.972).
- Hoxe: A espera (Agualada, 1.981).
- Hoxe: Vertixinoso (Carballo, 1.974).
- Hoxe: Afogo (Laxe, 1.967) .
- Hoxe: A frecha (Corcubión, 1.969).
- Hoxe: Gloria (Ponteceso, 1.937).
- Hoxe: Un día de furia (Cee, 1.990).
- Hoxe: O Sabio (Lira, 1.978).
- Hoxe: Propulsión (Cee, 1.998).
- Hoxe: A decisión (A Coruña, 1.901).
- Hoxe: Desencontros na primeira fase (Muxía-Fisterra, 1.973) .
- Hoxe: O poeta II (Redonda, 1.980).
- Hoxe: A voz (Carballo, 1.995).
- Hoxe: O poeta I (Redonda, 1.941).
- Hoxe: Encaixe (Camariñas, 1.999).
- Hoxe: Sen perdón (Baio, 1.996).
- Hoxe: Unha foto (Ponte de Porto, 1.934).
- Hoxe: Sindo o bebedor (Cee, 1.983) .
- Hoxe: O monstro de Quilmas (Quilmas, 1.930).
- Hoxe: A burla (Laxe, 1.960).
- Hoxe: A illa do tesouro (Ézaro, 1.958).
- Hoxe: Carioca (Corcubión, 1.993).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).