sábado. 10.05.2025
El tiempo
10:31
16/12/10

Hoxe: O Alzamento (Ponteceso, 1935)

Hoxe: O Alzamento (Ponteceso, 1935)
Esta é unha historia importante, este é un tremendo suceso, que pasou no trinta e cinco na vila de Ponteceso. Está no cuartel Sabino, no seu posto de teniente, coa cabeza concentrada nun gran asunto pendente. Pendente hai de establecer a data para o alzamento, pois será moi decisivo elixir un bó momento. Sabino sufre en silencio a terrible coxuntura. ¡Menos mal que falta pouco para a nova singradura! Son tempos de cativez que teñen que rematar, e Sabino xa está presto, impaciente para actuar. El pretende estar á altura do que seus pais esperaban, e non traizoar esa idea a Sabino motivaba. Ó fin chegoulle un paquete cunha folla de instruccións. Era o punto de partida para pasar as accións. Mirouse Sabino ó espello, moi excitado co envío, e alí un homiño pequeno, case anano, foi o que víu. "Adeus, Sabino o cortiño; adeus, meu medio teniente. A partires de hoxe á tarde terei respecto da xente." E Sabino puxo as alzas que chegaran no paquete, unhas cuñas xigantescas, case zancos de xoguete. Foi así como Sabino rematou co sufrimento da súa gran pequenez recurrindo a un alzamento.
  • Ángel M. Moar (ammmoar[arroba]quepasanacosta.gal)

Relatos anteriores

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios